​As termas como complemento para tratar a ansiedade

Profesores universitarios forman aos futuros médicos galegos nas calidades terapéuticas do termalismo. Farano este fin de semana nun congreso nas termas de Anrnoia, en Ourense.


|

Profesores universitarios forman aos futuros médicos galegos nas calidades terapéuticas do termalismo. Farano esta fin de semana nun congreso nas termas de Anrnoia, en Ourense.


O tratamento das doenzas crónicas e a promoción do benestar a través da balneoterapia. Este é o tema que vai centrar unhas xornadas que se celebran este fin de semana no balneario ourensán de Arnoia, no marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia. Un grupo de estudantes galegos de Medicina que se están formando na cura termal coñecerán as indicacións terapéuticas das augas mineromedicinais á hora de abordar a estes pacientes.


A coordinadora da Cátedra é a doutora Dores Fernández Marcos. É médico especialista en hidroloxía médica e directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias e Lobios. Destaca que “a dor crónica é nalgúns casos unha entidade patolóxica en si mesma, xa que o paciente ten que enfrontarse tanto ao prognóstico da súa doenza como á tensión que produce desenvolver as actividades rutineiras da vida con dor”. Nos centros de saúde este tipo de pacientes demandan repetidamente o alivio sintomático da dor que padecen. Nesta liña, “as diversas técnicas balneoterapéuticas que se aplican na actualidade axudan a diminuír a dor mecánica e permiten, nos meses posteriores á cura termal, que os enfermos realicen as súas tarefas cotiás con mellor calidade de vida física, á vez que se reduce a tensión ou ansiedade derivados de tales síntomas” -manifesta a doutora-. Afirma que “a cura termal non é resolutiva en si mesma, pero contribúe en boa medida á melloría dos pacientes”.


Na atención ás persoas con dor crónica poden intervir diferentes profesionais médicos e sanitarios que axudan a paliar a dor, as crises e a mellorar a calidade de vida destas persoas. É o caso dos médicos de familia, os fisioterapeutas, os psicólogos clínicos e os facultativos expertos en hidroloxía médica.


A doutora Fernández Marcos destaca “o uso da balneoterapia como terapia paliativa e non agresiva que axuda a diminuír a intensidade e os brotes de dor”. E sinala que “a balneoterapia xa é coñecida por moitos deste pacientes pero aínda é unha gran descoñecida para os médicos, polo que queremos incidir nos beneficios que se obteñen ao recibir unha cura balnearia, non desde un punto de vista etiolóxico, pero si axudando a mellorar e a corrixir algúns dos efectos adversos derivados dunha rutina diaria con dor”.


As xornadas comezan o venres ás 16:30 horas. Doutóraa Dores Fernández Marcos abordará o papel dos balnearios como servizos sanitarios, á vez que incidirá no valor terapéutico das augas mineromedicinais no tratamento de procesos crónicos. A xornada concluirá cunha sesión práctica na que os futuros médicos coñecerán como se aplica a balneoterapia en doenzas reumáticas de carácter crónico, da man do fisioterapeuta do centro, Kamil Brezenzski.


O sábado celebrarase un taller teórico-práctico centrado na comunicación eficaz entre o médico e o paciente e na realización da historia médica termal. Daquela os asistentes gozarán dunha nova sesión práctica co fisioterapeuta e a xornada finalizará pola tarde cun coloquio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE