As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo e A negativo atópanse baixas en Galicia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e A negativo (A-) permanecen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-) e A positivo (A+) atópanse normais, segundo a información facilitada este martes pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

|

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e A negativo (A-) permanecen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-) e A positivo (A+) atópanse normais, segundo a información facilitada este martes pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).


Doazón de sangue
ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 5 de marzo, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ferrol --Praza de Armas--, Curtis --fronte ao Concello en Teixeiro--, A Coruña --barrio do Ventorrillo-- e A Pobra do Caramiñal --Praza Alcalde Segundo Durán--.

Así mesmo, o luns haberá unidades móbiles para doar sangue na cidade de Ourense --Rúa do Paseo-- e nas localidades pontevedresas de Marín --aparcadoiro detrás do IES Chan do Mote--, A Guarda --diante do instituto-- e O Porriño --diante do IES Ribeira do Louro--.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE