​Seedorf: "A clasificación non reflicte o potencial deste equipo"

O Dépor, penúltimo, recibe o Betis tras a súa primeira semana baixo os mandos do novo adestrador.


|

Seedorf adestroSeedorf pide "pensar como un equipo". Foto: RC Deportivo


O Dépor recibe o Betis tras unha semana longa que serviu para que o novo adestrador empezase a inculcarlles aos xogadores unha idea de xogo. Na súa estrea, Seedorf pídelle ao equipo "ser competitivo, xogar xuntos. Pensar como un equipo. Esa é a primeira cousa que hai que enfocar. Para facer máis cousas necesitamos máis tempo, como todo o mundo pode entender".


O novo técnico deportivista subliña que "a clasificación non reflicte o potencial deste equipo. Hai que volver crer nas súas propias posibilidades".


Nesta liña, Seedorf chama a non mirar xa os números. "Non falamos ningunha vez da clasificación. Lembrádelo vós todo o tempo. No traballo do fútbol un vólvese tolo se vai mirar constantemente a clasificación. Hai 16 partidos por diante e temos que sacar o máximo de puntos posibles", reclamou.


Do rival destaca que "chega con moito perigo facilmente. Fixeron moitísimos goles, tamén recibiron bastantes. Ataca con moitos xogadores porque ten talento e xogadores importantes". Ante isto, asegura que lle "importa moito como imos entrar nós".


Preguntado pola afección, comentou o adestrador deportivista que "mostrou o seu afecto ás cores. Iso nunca cambiou. Contamos con eles moito". "O apoio da afección vai ser fundamental", insiste.


relacionada ​Fede Cartabia: "Seedorf é un líder tamén como adestrador"
relacionada Sulley Muntari chega ao Dépor para poñerse a proba

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE