A tempada de gripe en Galicia deixa xa 107 falecidos

Todos os falecidos tiñan indicada a vacina, pero levárona menos da metade . 


|

Vacunaciongripevacauna


A gripe segue sendo un problema de primeira orde nos centros médicos galegos. As número de falecidos por esta enfermidade esta tempada ascende a 107, o que supón 26 falecidos máis na última semana. Uns datos que reflicte o terceiro informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' publicado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).


Todos os falecidos tiñan indicada a vacina antigripal ao pertencer aos grupos de risco aos que lles corresponde levar a inxección. Só 46 delas estaban vacinadas, o que supón que menos da metade dos falecidos obedeceran as recomendacións medicas. Actualmente permanecen ingresadas por gripe 427 persoas nos hospitais galegos.


En total, desde o inicio da tempada declaráronse 2.141 casos con gripe confirmada en Galicia, 344 máis que hai unha semana, dos cales o 67% tiña o virus da gripe B; o 2,2%, gripe A e B; e o resto virus da gripe A. O Sergas destaca tamén que o 90 % do total dos pacientes ingresados durante esta tempada tiñan indicada a vacina antigripal e a metade deles non a poñía.


Doutra banda, desde o Sergas advirten que a gripe é xa unha tendencia decreciente, a pesar de que o número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas (IRA) mantívose estable respecto da semana anterior despois de descender durante catro semanas consecutivas. Así, o Sergas sinala que a tendencia é "estable" e a intensidade "continúa baixa". Pola súa banda, en Atención Primaria nesta semana a vixilancia baseada nos rexistros informatizados de gripe do Sergas mostra "un descenso respecto da semana anterior".

relacionada ​Soben a 81 as persoas falecidas por gripe nunha epidemia que comeza a remitir
relacionada O Sergas incide en que o pico de gripe en Galicia atópase en "descendente"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE