A seguridade privada dos cárceres protesta contra a medida que quere suprimilos
Traballadores da seguridade privada das cinco prisións galegas participaron este luns nunha concentración, convocada en doce provincias españolas, para protestar contra a medida anunciada pola Dirección Xeral de Institucións Penais, que pretende retirar a seguridade privada da vixilancia dos exteriores dos cárceres.