Á parte das DO galegas existen áreas de cultivo vitivinícola que gardan dentro dos seus límites tanto variedades pouco coñecidas de uva como outra filosofía na elaboración do viño galego. Tamén existen adegas e viticultores en zonas onde a moi pouca xente ocorreríaselle pensar que se cultivan vides. Este é un percorrido polas IXP galegas que axudaron a renovar o interese polo viñedo alí onde se traballou pero co tempo e o abandono case desaparece