Os veciños de Beade e Quintela de Leirado volven elixir como alcalde ao mesmo mandatario que xa rexía cando a ditadura franquista. Catro décadas despois revalidan a súa maioría da man do PP de Ourense. Todos os edís con máis de 25 anos no posto en Galicia, salvo un, revalidaron a súa maioría absoluta este domingo.