A Consellería de Medio Ambiente activou este venres o operativo especial que se encargará de controlar o acceso á praia das Catedrais durante a Semana Santa, un dos períodos nos que as visitas a este espazo están restrinxidas a un número máximo de persoas, sempre mediante solicitude dunha autorización previa.