Pero os novos tempos, marcados por unha moita maior presenza das mulleres na política e no sindicalismo, non parecen ser quen de evitar nin o distanciamento entre as esquerdas e o feminismo nin a división no movemento feminista. Unhas divisións nas que o goberno de quenda, en concreto o Ministerio de Igualdade, ten a súa cota de responsabilidade.