Manel Cráneo

Manel Cráneo: "Viñetas desde O Atlántico homenaxeará a Akira Toriyama pois os seus personaxes se adaptaron moi ben ao público galego"

Manel Cráneo (Coruña) levará a batuta da XXVII Edición de Viñetas desde O Atlántico. Nesta ocasión apostouse moi forte por autores tanto propios como alleos e por novos formatos como é o cine para falar de cómic. Haberá espazos onde os máis pequenos poderán participar en talleres para crear os seus propios cómics e instalarase un espazo llamdo 'Viñetas Ñam' onde se servirán bocadillos dedicados a personaxes do cómic. Por outra banda, esta edición renderá homenaxe a Xaquín Marín, pioneiro da viñeta en galego e que recibirá o aplauso dos seus colegas de profesión e do público asistente. Outra homenaxe será a Akira Toriyama, creador de Dragon Ball e Arale.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE