Sopran inesperados aires de renovación en San Caetano. Se hai unhas semanas dicía adeus o histórico Tahoces, responsable do sector eólico na era Feijóo, agora tócalle a outro cargo que estivo imputado no seu día, Fernández-Couto, responsable anti-incendios.
No haber de Fernández-Couto está coordinar con progresiva eficacia un dos maiores dispositivos anti-incendios do planeta. No seu debe, o ser incapaz de cambiar un modelo de uso do monte que contribúe ás cada vez máis masivas ondas de lumes forestais.
BOMFOCOGA atende a Galiciapress para explicar a problemática derivada da moficiación do Decreto 37/2006 no seu obxectivo por defender os intereses de todo o persoal forestal (preto de 1.500 traballadores) dos 267 municipios que asinaron o convenio de colaboración coa Xunta,