O achado na mañá deste xoves dun cadáver en avanzado estado de descomposición aos pés do ascensor Halo de Vigo, nunha zona de intensa vexetación que impedía ver o corpo a primeira ollada, volve situar a esta infraestrutura no centro da preocupación social e municipal pola súa vinculación reiterada con sucesos tráxicos.