Eurogrupo

A vicepresidenta terceira do Goberno, a galega Nadia Calviño, será candidata á presidencia do Eurogrupo

A coruñesa será proposta para liderar o organismo, unha responsabilidade que, en palabras de Sánchez, "nunca exerceu España e que tampouco desempeñou antes unha muller". O Goberno conta co resapldo de PP, Cidadáns e Vox para a candidatura da vicepresidenta. 

Non haberá "coronabonos" para recuperarse do COVID pero si 540.000 millóns en préstamos


Alemaña impide que a Unión Europea emita débeda avalada polo conxunto de países. Agora ben, Angela Merkel cede noutros puntos para facilitar que España, Italia e outros países máis afectados poidan recibir diñeiro prestado sen que a cambio teñan que executar os durísimos recortes impostos por Bruxelas tras a crise do ladrillo. 

O presidente do Eurogrupo acusa a España de malgastar "en alcol e mulleres"

Dijsselbloem, cuestionado en Europa por perder apoio en Holanda, fixo as declaracións a un diario alemán e rexeitou calquera tipo de desculpa.

O Eurogrupo validará o borrador de Orzamentos sen pedir máis recortes

Aos socios do euro non lles preocupa a falta de consenso en España para sacar adiante o orzamento definitivo de 2017.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE