O histórico líder coruñés Antonio Fontela leva meses alimentando a ilusión dun investidor galego que compre Alcoa A Coruña. Hoxe volveuno facer, sen desvelar a identidade dese presunto comprador e, de paso, cargando contra o goberno para que baixe a electricidade á industria. Non é a única mensaxe crítica co executivo do PSOE, a quen culpa de sacrificar 75.000 empregos ao subir o salario mínimo.
Non chegou a cumprir un ano á fronte da Confederación de Empresarios de Galicia, en crise e dividida.