O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que a Xunta fará efectivo de inmediato "todo aquel incremento retributivo que non necesite cobertura estatal" --en referencia a á alza do 2% pactada e pendente para todos os funcionarios do conxunto de España--, polo que uns 100.000 empregados galegos verán xa nas nóminas deste mes as subidas acordadas no ámbito autonómico.