A Xunta empezou a vacinar aos maiores de 70 o venres e a maioría recibirá a picada nas próximas semanas. Unha bendición, pois a evidiencia mostra que é moi eficaz. Por exemplo, mentres a poboación en xeral sofre unha explosión de contagios, os casos activos nas residencias, onde xa se inoculó a terceira dose, están a baixar.