Como ocorreu na manifestación do 21 de xaneiro ou nos piquetes de principios de febreiro, Galiciapress acompañou aos traballadores do sector nas súas mobilizacións, coas que reclaman un convenio laboral que contemple unha equiparación salarial efectiva e cambios no acordo pola cuarta quenda. Enrique Reino, de Comisións Obreiras e un dos membros da negociación con ANFACO-CECOPESCA, atendeu a estes medio minutos antes de dirixirse aos miles de manifestantes que abarrotaron a Praza do Concello de Boiro.