A Policía Local de Poio realizou nas últimas horas dous servizos humanitarios nos que asistiu a unha muller de 86 e a un bebé, aos que facilitou que recibisen a atención sanitaria que necesitaban. En concreto, escoltou a un pai que trasladaba en coche ao seu bebé inconsciente cunha reacción alérxica.
A Asociación Animalista Libera aclarou este venres que as acusacións duns senderistas sobre a presenza dun can encerrado sen auga nin comida en Combarro (Pontevedra) eran "falsas" e que o animal está "atendido en todo momento" polos seus donos.
A Asociación Animalista Libera e a Fundacion Franz Weber informaron este mércores de que uns senderistas localizaron e deron a voz de alarma a pasada fin de semana pola presenza dun can encerrado no Camiño de Monte Covelo, en Combarro (Pontevedra), sen acceso a auga nin comida.