A Asociación Animalista Libera pediu este venres que a Consellería de Medio Ambiente active os "protocolos adecuados" para investigar se o presunto maltratador dun can en Moaña, ao que cernaría a pata dianteira dereita de forma "artesanal", ten máis animais ao seu cargo e proceda a posibles comisos. Ademais, reclama "unha inhabilitación permanente por crueldade" para o "mutilador".