1.000 hospitalizacións de menores en Galicia con estadías de case unha semana. Este é o impacto que ten na rede de hospitais galegos cada ano o virus respiratorio sincitial (VRS). A compra do novo medicamento, cuxo custo supera os 3 millóns, permitirá reducir esta carga, pois ten unha eficacia contra hospitalización de en torno ao 90%.