O deceso dun dos líderes históricos de EU chega unha semana despois de ser ingresado na UCI do Hospital Reina Sofía cordobés, onde entrou tras sufrir unha parada cardíaca. O seu estado de saúde era moi delicado desde entón e este sábado confirmouse a súa morte, aos 78 anos de idade.