As agresións a profesionais da saúde son outro dos riscos cos que conviven estes profesionais. A violencia tanto verbal como física fixeron que sindicatos e asociacións profesionais reclamen máis atención sobre este fenómeno. Non existe un marco xeral de actuación para todo o Estado contra estas situacións. É por iso que ante esta situación reclámanse solucións para evitar atentados contra a integridade física e moral dos sanitarios.
A Confederación Intersindical Galega (CIG) asegurou este mércores que realizará as xestións necesarias para reclamar que todas as agresións que padece o persoal sanitario que presta un servizo público sexan consideradas atentado contra a autoridade, independentemente do tipo de contrato que teñan os traballadores afectados.