Decretan prisión para o home acusado de apuñalar e matar a outro home e ferir a unha muller en Redondela
Os feitos producíronse sobre as 02.00 horas na rúa Xeral Rubín de Redondela. O presunto homicida apuñalaría no peito, á altura do corazón, e no pescozo a un home, J.A.F.C. de 43 anos de idade, acabando coa súa vida
A xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Redondela decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home acusado de apuñalar e matar a outro home e ferir de gravidade a un muller.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG), o home, de 48 anos e detido na madrugada do venres, está investigado por dous delitos de homicidio, un deles en grao de tentativa.
Os feitos producíronse sobre as 02.00 horas na rúa Xeral Rubín de Redondela. O presunto homicida apuñalaría no peito, á altura do corazón, e no pescozo a un home, J.A.F.C. de 43 anos de idade, acabando coa súa vida.
Pola súa banda, a parella deste, E.M.F. de 42 anos, tamén resultaría ferida de gravidade, sendo operada de urxencia.
Por todo iso, ao momento desprazouse unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada co equipo do punto de atención continuada (#PAC) e outra ambulancia de soporte vital básico. Con todo, nada puideron facer para salvarlle a vida ao home, mentres que trasladaron á muller ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Unha hora despois, axentes da Policía Local, contando coa colaboración da Policía Local, detiveron ao presunto autor no seu domicilio.
Escribe o teu comentario