Un indencio nunha vivenda obriga a trasladar a unha persoa ao hospital en Ponteareas
Até o punto mobilizáronse os Bombeiros de Ponteareas, que confirmaron que o lume comezou nunha habitación dun piso da primeira planta e que toda a vivenda estaba afectada polo fume
Unha persoa tivo que se trasladada tras un incendio nun piso dun edificio de catro plantas situado na rúa Enrique Rodríguez Troncoso, en Ponteareas.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 14.30 horas deste domingo e foron varios particulares os que alertaron de que saía gran cantidade de fume dun piso.
Até o punto mobilizáronse os Bombeiros de Ponteareas, que confirmaron que o lume comezou nunha habitación dun piso da primeira planta e que toda a vivenda estaba afectada polo fume.
No operativo tamén participaron os profesionais sanitarios que trasladaron a unha persoa ferida ao momento de Atención Continuada (#PAC), a Policía Local, a Garda Civil e os efectivos de Protección Civil.
Escribe o teu comentario