Aparece un cadáver flotando no porto do Berbés, Vigo
Por agora non transcendeu a identidade do falecido a pesar de que se atopou documentación entre as súas roupas. A principal hipótese é ue alún accdente provocou a súa caída á auga.
Os servizos de emerxencias rescataron da auga o corpo sen vida dun home de 61 anos no porto de Vigo.
En concreto, segundo informa o 112 Galicia, foron os bombeiros da cidade olívica os encargados de sacar do mar a este home, que foi achado na zona do Berbés.
Tras recibir a alerta por parte do centro do control do porto sobre as 20.20 horas da tarde deste mércores, o 112 solicitou a colaboración dos servizos de urxencias sanitarias 061, da Policía Local e da Nacional, da Garda Civil e dos bombeiros, que trasladaron o cadáver a terra.
Tamén se advertiu a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
Na actualidade, trátase de esclarecer as circunstancias do suceso. Fontes da Policía Nacional han indicado que o falecido é un home de 61 anos de idade, que ía vestido e documentado e que non presentaba signos aparentes de violencia, "sendo posible que se tratase dun accidente".
Escribe o teu comentario