Primeiro gran incendio do ano en Galicia: as chamas consomen 50 hectáreas en Angudes, Crecente (vídeo)
Medio Rural activou hai uns días a prohibición de facer queimas forestais ou agrícolas polo forte vento que soprará esta semana. Son eses refachos as que están a alimentar o guego de Crecente desde onte a última hora da tarde.
A Xunta acaba de actualizar a superficie queimada no incendio forestal de Crecente. A Consellería de Medio Rural asegura que son "preto de 50 hectáreas". En San Caetano son optimistas, pois engaden que "evoluciona favorablemente cara á súa estabilización".
A Administración informou do lume ao redor das 8 da tarde do luns, cando xa superaba as 20 hectáreas. O incendio avanzou esta noite desde a súa orixe na parroquia de Angudes, onde foi moi visible esta noite.
A Xunta indica que se trata dun lume provocado. Por que? Medio Rural di que xurdiron tres focos case á vez, o que apunta a unha orixe non natural.
O dispositivo de loita onte pola noite era amplo. En concreto, 15 brigadas, 5 motos, 2 avións, 11 axentes forestais da Xunta e 2 helicópteros combatían o #IFAngudesCrecente.
O incendio achegouse ás casas e a varias vías de comunicación, pero por agora as autoridades non informaron de ningún corte de estradas ou desaloxo de aldeas.
Escribe o teu comentario