Encontran o cadáver dun home nunha praia de Moaña
Polo momento, a Garda Civil investiga o ocorrido e non descarta ningunha hipótese.
O corpo sen vida dun home foi achado na mañá deste sábado na praia de Queixeira, no municipio pontevedrés de Moaña.
Segundo informaron fontes da investigación a Europa Press, foi unha persoa a que ao fío das 9,30 horas chamou ao 112 Galicia para alertar do suceso.
Polo momento, a Garda Civil investiga o ocorrido e non descarta ningunha hipótese.
Escribe o teu comentario