Dous gardas civís fose de servizo salvan a unha octoxenaria de morrer atragoada durante un partido de fútbol

Dous gardas civís que se atopaban fóra de servizo salvaron o pasado sábado a vida a unha muller, de 80 anos, que se atragoou cando estaba a comer un anaco de empanada mentres estaba a ver un partido de fútbol en Moaña (Pontevedra).ç

 

 


|

Os feitos ocorreron onte, ao redor das 13:15 horas, no campo de fútbol Iago Aspas de Moaña.

 

A rápidsa intervención dos axentes, que estaban fóra de servizo nese momento, evitaron unha desgraza.

 

Nota De Prensa

 

Dous gardas civís que se atopaban fóra de servizo salvaron o pasado sábado a vida a unha muller, de 80 anos, que se atragoou cando estaba a comer un anaco de empanada mentres estaba a ver un partido de fútbol en Moaña (Pontevedra).

Segundo informa a Benemérita, o suceso produciuse sobre as 13,15 horas, nas bancadas do campo de fútbol 'Iago Aspas'. Ao decatarse da incidencia, estes dous gardas civís, que estaban a ver o partido, acudiron en auxilio da señora que xa se atopaba inconsciente e coa pel azulada.

Entre os dous aplicáronlle a 'manobra de Heimlich', un procedemento de primeiros auxilios que consiste en comprimir o abdome para inducir a expulsión do obxecto da garganta ou a larinxe.

Uno dos axentes está destinado no Centro Operativo Complexo (COC) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e o outro no Subsector de Tráfico.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE