O incendio sen control que ameaza casas en Arbo (Pontevedra) dispárase ás 230 hectáreas queimadas

Nas últimas horas tamén saltaron incendios forestais, por agora menores ou xa rapidamente apagados, en Viar de Ordelles (Esgos) e Ou Coutro na Cañiza, Pontevedra.


|

O vento está a alimentar as chamas que consumiron 50 hectáreas nas tres últimas horas. A noite promete ser longa e tensa en núcleos como A Seara, cuxas casas estiveron e aínda están en perigo.

 

Screen Shot 2022 07 30 at 22.51.12
Chamas preto da Seara en Arbo nunha imaxe da CRTVG


O incendio forestal activo no municipio de Arbo (Pontevedra) avanza sen control e xa queima 280 hectáreas, segundo a última estimación provisional de Medio Rural na tarde deste sábado. Tres horas antes a Xunta dicían que eran 230.

O lume obrigou a activar la situación 2 de alerta por proximidade do incendio a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas.

 



O lume iniciouse ás 3,17 horas da madrugada deste sábado na parroquia de Mourentán. No lugar traballaron nove helicópteros, oito avións, 21 motobombas, catro pas, 30 brigadas, nove axentes e tres técnicos. 

 

 

Tamén se solicitou a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Un dos grupos que está a loitar alí é a BRIF aerotransportada de Laza, que se retirou ao chegar a noite:

 



En declaracións a Europa Press, o alcalde do municipio, Horacio Gil, asegurou que as condicións meteorolóxicas son "moi adversas" con "moito vento e altas temperaturas".

 



Ademais, o rexedor sinalaba que estaban a aparecer focos en distintos puntos "seguramente polo efecto do vento". Así mesmo, o rexedor informaba que no momento da activación da Situación 2 aínda non fora necesario evacuar aos veciños da parroquia das Searas, onde o lume atópase máis próximo.

 



CONTROLADO O DE OÍMBRA
Pola súa banda, o novo lume que afecta o municipio ourensán de Oímbra, parroquia homónima, foi controlado ás 16,40 horas desta tarde de sábado. A superficie arrasada é de 25,5 hectáreas.

O incendio iniciouse ás 23,00 horas do pasado venres. Nas tarefas de extinción traballan oito motobombas, 14 brigadas, seis axentes e unha pa.

Este mes en Oímbra tamén houbo outros lumes, xa extinguidos, nas parroquias de: Rabal --2.100 hectáreas--, Videferre --919 hectáreas-- e San Cibrao --370 hectáreas--.

O outro lume principal que afecta nestes momentos a Galicia é o de Castrelo de Miño (Ourense), parroquia de Barral, que queima unhas 200 hectáreas. Está controlado desde a mañá deste sábado. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE