Investigan si dúas mortes na rúa do Hospitaliño foron causadas por unha fuga de gas
Aínda que nun inicio as pescudas apuntaban a causas naturais, a investigación abre unha nova vía.
Axentes da Policía Nacional de Santiago abriron unha investigación para aclarar si o falecemento de dúas persoas en senllas vivendas na rúa do Hospitaliño teñen que relación cunha fuga de gas e non foron por causas naturais como se concluíu nun inicio.
Segundo fontes municipais consultadas por Europa Press e tal e como adiantou O Correo Galego, a investigación xorde por mor de que unha nai e a súa filla, residentes na mesma rúa, fosen trasladadas o pasado 23 de decembro ao Hospital Clínico Universitario de Santiago por intoxicación severa de monóxido de carbono.
Nese momento, até o lugar desprazáronse os Bombeiros de Santiago que confirmaron a presenza de niveis deste gas na vivenda, aínda que aseguraron que non había combustión no seu interior.
Estes feitos levaron agora á apertura dunha investigación para tratar de esclarecer si a morte de dúas persoas, que residían na mesma rúa e en diferentes vivendas, ten que ver coa fuga de gas e non con causas naturais como se concluíu inicialmente.
Escribe o teu comentario