Accidente entre un bus escolar e un coche nas Neves con tres feridos leves e estudantes atrapados

O suceso tivo lugar na mañá deste venres. Todos os feridos ían no interior do turismo e os ocupantes do autobús tubieron que saír polo teito do vehículo.


|

G N72IKWYAArCyX
Foto: @g24noticias

 

Un accidente entre un bus escolar no municipio pontevedrés das Neves e un coche na mañá deste venres deixou tres feridos leves que viaxaban no turismo.

Segundo informa o 112 Galicia a Europa Press, foi o propio condutor do autobús o que avisou do sinistro. Explicaba que o vehículo escolar iniciaba a súa ruta e viaxaban nese momento unha monitora e un neno, todos ilesos.

No entanto, foi necesaria a actuación dos bombeiros para axudar a saír a estas tres persoas do autobús, xa que non abría a porta. A dotación de bombeiros empregou dúas escaleiras para que os ocupantes do autobús puidesen saír ao exterior pola parte de arriba do vehículo.
 


Con todo, no turismo finalmente contabilizáronse un total de tres feridos, aínda que non graves, que foron trasladados polo persoal sanitario até o hospital de referencia.

O accidente produciuse ás 9,00 horas no quilómetro 0,5 da estrada PO-415, en Liñares, nunha colisión nunha ponte antes da rotonda coa PO-400.

Foron avisados, entre outros, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Baixo Miño e urxencias sanitarias, que enviou unha ambulancia ao lugar ante as molestias do condutor do coche. Finalmente, necesitou asistencia outras dúas persoas que viaxaban no turismo, até un total de tres feridos leves que foron trasladados ao hospital. Tamén foi necesario excarcerar ao condutor.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE