Atropelo mortal no corredor Sarria - Monforte: arrollada ao saír do seu vehículo avariado
A muller, de 71 anos de idade e veciña da parroquia de Teilán, no concello de Bóveda, foi atropelada o venres cando levaba o chaleco amarelo para sinalizar o seu coche estragado.
Unha muller faleceu tras ser atropelada no corredor de Sarria a Monforte o venres, segundo informaron fontes hospitalarias tras ser trasladada ao Lucus Augusti.
O suceso, de acordo cos datos solicitados polo 112, foi no corredor CG 2.2. Do sucedido, tívose coñecemento a través da chamada dun particular sobre as 16.30 do pasado venres.
En concreto, indicábase que o seu coche quedara avariado nese corredor, de Sarria a Monforte, e que outro coche chocou contra ela cando estaba no exterior e co seu vehículo avariado.
A muller atopábase "liberada e accesible" pero saíra despedida e necesitaba asistencia sanitaria. Ao lugar, desprazouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, ademais doutros efectivos como Garda Civil, Policía Local de Sarria e Protección Civil,entre outros. Finalmente, a muller faleceu no Hospital Lucus Augusti.
Escribe o teu comentario