Caso Koldo: "O partido de M. Rajoy non é a alternativa", alega o BNG sobre os seus pactos co PSOE
Feijóo di que necesita catro votos para unha moción de censura. Polo ouvido hoxe á portavoz do Bloque, non poderá contar co deputado nacionalista galego.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reiterou a súa posición de "tolerancia cero" coa corrupción e asegurou que "caia quen caia" débese "ir até o fondo".
Así o afirmou este xoves en Muros, consultada polos medios de comunicación sobre o informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil que implicaría ao secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, no cobro de comisións pola adxudicación ilegal de obras públicas.
"A corrupción non se pode tolerar nunca porque fai un dano enorme á democracia", remarcou Pontón, á vez que incidiu no descrédito da política que é "xusto o que menos necesita".
Todo iso, advertiu, nun momento no que os "discursos da extrema dereita empezan a calar máis entre diversos sectores da poboación".
Pontón lembrou que o BNG xa ten solicitada a comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no Congreso para que de explicacións necesarias ante un caso que "repugna" ao BNG.
"Esiximos que haxa a máxima transparencia e a máxima contundencia", apuntou ante un caso ao que cualificou de "inadmisible". A continuación, ha recrodado que o PP "non está en condicións" de dar leccións de ética porque é un partido condenado por corrupción.
"O partido da caixa B, o de Bárcenas, o de M.Rajoy, o partido que en Galicia permitiu un sobrecusto de 470 millóns de euros no hospital Álvaro Cunqueiro", apuntou, á vez que asegurou que o PP "non é unha alternativa de rexeneración democrática".
Escribe o teu comentario