Besteiro pide a Rueda "ambición de país e diálogo" e "aproveitar as oportunidades"
"Que pasados catro anos vexamos que se aproveitaron as oportunidades e que non foi unha lexislatura de oportunidades perdidas", afirmou o socialista
O portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, desexou sorte ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e pediulle "ambición de país e diálogo" ante unha lexislatura na que espera que "aproveite as oportunidades".
En declaracións aos medios antes da toma de posesión que se celebra este sábado no parque de San Domingos de Bonaval, Besteiro manifestou que espera que esta lexislatura se caracterice "pola ambición e polo diálogo, así como "por aproveitar as oportunidades".
"Que pasados catro anos vexamos que se aproveitaron as oportunidades e que non foi unha lexislatura de oportunidades perdidas", afirmou o socialista.
Escribe o teu comentario