Un morto e un ferido grave nun accidente de tráfico en Noia

O ferido é un adolescente irmán do morto e atópase en estado moi grave no hospital de Santiago de Compostela.


|

20231225 110929
imaxe do accidente de Noia nunha foto da Televisión de Galicia

Un mozo faleceu e outro, o seu irmán, resultou ferido de gravidade tras unha saída de vía no municipio coruñés de Noia, segundo informa o servizo de emerxencias 112 no seu parte de incidencias.

Un equipo do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) desprazouse até o lugar para prestar axuda aos familiares do mozo falecido e do seu irmán, ferido de gravidade tras producir o accidente.

O suceso ocorreu ás 22,15 da pasada noite, hora na que o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando do suceso.

No seu relato indicaba que un vehículo se saíu da vía en Carracido, na parroquia de Barro (Noia), e impactara contra outro estacionado. Os ocupantes do vehículo estaban atrapados e precisaban asistencia sanitaria urxente.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, aos membros do GES de Noia e aos axentes da Garda Civil.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia o falecemento dun dos ocupantes e o traslado do outro, que se atopaba gravemente ferido. Ademais, as dúas vítimas tiveron que ser excarceradas.

Debido ás condicións deste sinistro, desde o 112 Galicia activáronse os protocolos necesarios para a disposición dos profesionais especializados na atención psicolóxica ante graves emerxencias e catástrofes (GIPCE).

DECLARACIÓN DE LOITO OFICIAL
Tras coñecer a noticia, o Concello de Noia trasladou as súas condolencias á familia polo sucedido a ambos os mozos, veciños do municipio.

A través de redes sociais mandou o seu "sentido pésame á familia nestes duros momentos" e declarou o loito oficial na localidade este luns.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE