Un ciclista resulta ferido tras ser atropelado por un vehículo en Palas de Rei

O ferido foi trasladado ao hospital Lucus Augusti nun helicóptero medicalizado


|

Avenida compostela palas de rei
Avenida de Compostela, en Palas de Rei, rúa onde tivo lugar o accidente / Foto: Google Street View

Un ciclista resultou ferido este domingo despois de ser atropeyado por un vehíuclo no municipio lucense de Palas de Rei. O ferido foi trasladado en helicóptero até o Hospital Universitario Lucus Augusti.

 

O central de emerxencias tivo constancia dos feitos a través da chamada dun particular, xusto despois das 15:00 horas. Na Avenida de Compostela, a estrada N-547, un vehículo atropelara a un ciclista que, segundo confirmaron pouco despois os servizos sanitarios, quedou tendido sobre o solo, inconsciente.

 

O servizo solicitou a colaboración dos servizos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Friol-Pas e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei.

 

Os servizos de emerxencias sanitarias comunicaron a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomou terra nas proximidades do lugar do accidente e que finalmente trasladaría ao ferido até o centro hospitalario lucense.

Pola súa banda, os efectivos do GES de Friol e de Protección Civil que participaron neste operativo encargáronse da limpeza da vía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE