Calvos de Randín volve rexistrar a temperatura mínima de Galicia: -7,5 ºC
As baixas temperaturas deixaron xeadas en toda a comunidade

Os termómetros do muncipio ourensán de Calvos de Randín marcaron unha vez máis a temperatura máis baixa de Galicia: 7,5 graos baixo cero. Trátase dunhas temperaturas que deixaron xeadas en case toda a Comunidade, especialmente no interior de Ourense.
De acordo cos valores extremos de Meteogalicia, a estación meteorolóxica de Calvos rexistrou este pico de -7,5ºC ás 6:00 desta mañá. Pola súa banda, noutros puntos de Ourense, os valores foron similares.
A estación meteorolóxica de Verín-Vilela notificou -6,4ºC ás 9:00 da mañá, e a de Xinzo de Limia, -6,2ºC á mesma hora.
A pronvicia de Lugo tamén rexistrou temperaturas inferiores aos cero graos, aínda que non tan baixas como as de Ourense. Os termómetros da parroquia de Moelle, en Sarria , marcaban -5,4ºC esta mañá, e os de Monforte de Lemos, -5,2ºC ás 8:30.
Todo iso deuse nun xornada na que Galicia seguirá baixo a influencia anticiclónica, con ceos totalmente despecjados fóra dalgún banco de néboa no interior. As temperaturas mínimas non rexistran cambios, con xeadas en moitos puntos do interior, mentres que as máxima experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará bambo de compoñente este, aumentando progresivamente no litorial norte, até alcanzar intervalos fortes no litoral noroeste ao final da xornada.
Escribe o teu comentario