O Concello de Santiago precinta a discoteca Vanitas por problemas de seguridade coas saídas de evacuación

Trátase do terceiro local clausurado polo goberno compostelán nas últimas semanas, despois do restaurante Cacao e da discoteca Way Club


|

Entrada al Vanitas de Santiago en una imagen de Google Street View
Arquivo - Entrada da discoteca Vanitas de Santiago / Foto: Google Street View

O Concello de Santiago de Compostela pechou a discoteca Vanitas, antes coñecida como Apolo, por problemas de seguridade nas saídas de evacuación do local.

 

A Policía Local compostelá procedeu a clausúraa do negocio, situado na rúa Santiago do Estero, no Ensanche, nas últimas horas da tarde do venres, segundo confirmaron fontes do goberno municipal.

 

Trátase do terceiro local de hostalaría que se clausura nas últimas semansa por orde do departamento de Urbanismo do Concello de Santiago.

Este local súmase ao restaurante Cacao, precintado a semana pasada por segunda vez desde a súa apertura a finais do pasado ano, na Rúa dás Orfas, e tamén a discoteca Way Club, na Rúa Nova, que permanece clausurada desde comezos do pasado mes de decembro por incumprimentos coa normativa vixente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE