O PPdeG chama a "non resignar" con gañar as próximas municipais, xa que "só vale gañar por maioría absoluta"

Rueda pediu aos candidatos populares no sete grandes cidades que "pateen, escoiten e lideren" e que sexan "os candidatos dos barrios"


|

20221022 RuedaPresentaciu00f3nCandidatos3
O acto de presentación dos candidatos do PPdeG á alcaldía das sete cidades galegas tivo unha acollida de case mil #asistente / Foto: #PP de Galicia

O Partido Popular de Galicia pediu aos candidatos do partido para as próximas eleccións municipais, que se celebrarán o 28 de maio de 2023, "non resignar" con tan só gañar os comicios, xa que "só vale gañar por maioría absoluta".

 

No acto de presentación que tivo lugar esta mañá no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago , no que se presentou aos sete candidatos ás alcaldías das cidades galegas, ante case un milleiro de cargos do partido e simpatizantes, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, lembrou que "non serve" iso de que "probablemente" gañen as eleccións porque "despois todos os que van perder xa estean a facer cálculos para, a pesar de non gañar, pór a gobernar".

"Non me resigno a que estes homes e mulleres se cadra gañan as eleccións, pero non poidan gobernar; e como non me resigno, pero sei que estas son as regras de xogo, teño que vir aquí a dicir que só vale gañar por maioría absoluta. Con máximo traballo, sen resignar, pero sabendo o que hai", manifestou o presidente dos populares.

 

O PP foi presentando un a un aos candidatos, que recibiron aplausos por parte dos asistentes ao acto e que se xuntaron na entrada do paballón compostelán para mostrarlles o seu apoio.

 

O primeiro en subir ao escenario foi José Manuel Rey Varela, candidato á alcaldía na cidade de Ferrol e que fora xa alcalde entre 2011 e 2015. Rei Varela ofreceu para Ferrol "esperanza, seriedade, xestión, equipo, capacidade de escoitar e capacidade de resolver", con "a mesma ilusión que o primeiro día", pero "con máis experiencia e determinación que nunca".

 

Rafa Domínguez, candidato á alcaldía de Pontevedra, quixo ser "xusto" e resconocer o labor de Miguel Anxo Fernández Lores, líder da oposición nacionalista e alcalde de Pontevedra desde 1999. Agora, ha señado Domínguez, "toca cambio" e ese cambio "será o PP de Pontevedra".

 

Borja Verea, candidato dos populares en Santiago , foi o primeiro en tomar a palabra. No seu discuros comprometeuse a ·construír a Compostela do século XXI" a través dun Santiago "líder, protagonista, que responda os desafíos, cun centro histórico habitado e habitable e que as rúas recuperen a alegría, a vitalidade e a vida".

 

Elana Candia, a cabeza de lista pola cidade de Lugo, prometeu na súa intervención que porá todo o seu empeño en "volver pór a Lugo no lugar que se merece". "Teño o apoio do meu partido, a experiencia e a formación de case 20 anos dedicados á política local, pero o máis importante: teño ganas e sei que son capaz", reivindicou no acto desta mañá.

 

O candidato á alcaldía dos populares en Ourense , Manuel Cabezas, que xa estivera anteriormente á fronte da corporación muncipal da cidade de Ourense entre 1995 e 2007 tamén realizou a súa intervención no acto de hoxe en Santiago , sinalando que "a cidade se paralizou" desde entón. É por iso polo que, afirma, tomou a decisión de presentar aos próximos comicios e pon a súa "experiencia ao servizo da cidade" para "levar a cabo unha segunda gran transformación".

 

A cabeza de lista da cidade herculina, quen foi o seguinte en intervir no acto, comezou o seu discurso coa seguinte frase: "Son Miguel Lorenzo e vouno a dicir alto e claro: quero ser o alcalde da Coruña". O candidato sostivo que a súa cidade se atopa "conxelada" e necesita "un capitan e unha tripulación para chegar a bo porto". "O meu despacho vai estar na rúa", asegurou Lorenzo.

 

A candidata por Vigo , Marta Fernández-Tapias, marcouse como obxectivo nesta precampaña electoral que os barrios da cidade olívica "saiban que hai unha alternativa", e que as asociacións saiban que o tempo dos chatanjes pódese terminar moi pronto". Iso por iso que animou aos seus compañeiros de partido a comezar sete meses de "traballo, traballo e traballo; de patear, patear e patear, e de escoitar, escoitar e escoitar". "Sete meses para dicir que si, en lugar de dicir que non", concluíu a candidata viguesa.
 

"O PARTIDO QUE MÁIS SE PARECE A GALICIA"

Alfonso Rueda pediu a todos os candidatos municipais "que pateen, que escoiten, que lideren, que convenzan e que sigan facendo o que están a facer" e, en definitiva, que representen "ao partido que máis se parece a Galicia ", que sexan "o partido dos veciños" e "os candidatos dos barrios".

 

O líder do PP destacou que o seu partido "ten que ser o partido dos veciños de Teis, da Parda, da Ponche, de Vite, da Sacra Familia, da Milagrosa, de Recimil e de todos os barrios das sete cidades dos concellos de Galicia", destacou o líder dos populares.

 

Rueda sinalou que os veciños non queren que "perdan o timpo en pelexas" con socios de goberno que, engadiu "están todo o día con formulacións ideolóxicas", que "a palabra xestión parécelles exótica" e que "creen que a ideoloxía ten que estar por encima de calquera cousa".

"Cren que o programas de goberno e os compromisos electorais son unha cousa que aos veciños non lles importa e que ao día seguinte das eleccións hai que esquecer a favor de pactos que se fan entre perdedores. Iso non vai pasar con esta xente nin con ningún candidato do PP", manifestou o presidente popular.

Nesta presentación formal dos candidatos, Alfoso Rueda, sinalou que xa sabe que o teñen "máis difícil", pero insistiu en que teñen "os mellores equipos" e "saben xogar", polo que, continuou, teñen "un partido por diante" e confía en gañalo.

Así, animounos a que "non dean nada por perdido", pero "tampouco nada por gando" e, neste sentido, apelou á "marca do PP" de "saír a gañar en todas partes e non renunciar a absolutamente nada".
 

ORZAMENTOS 

Rueda tamén fixo referencia aos orzamentos da Xunta de Galicia de 2023, recentemente presentados, que cualificou como "os máis altos e sociais da nosa historia".

 

Asegurou, neste sentido, que "por moito que lles amole a algúns", "tres de cada catro euros están dedicados a Sanidade , Educación, Política Social e emprego".

 

Así mesmo, destacou que continuarán "baixando a débeda", mentres "o máis fácil sería tirar da débeda pública". "Como fai quen todo sabedes", aproveitou para ironizar.

"Eu creo que se pode atender aos que máis o necesitan, aos emprendedores, pódese baixar a débeda e pódense baixar impostos e iso ímolo a facer con estes orzamentos", proclamou Rueda.

A continuación, insistiu en que "se pode facer" e puxo como exemplo as vitorias do PPdeG "en catro eleccións autonómicas consecutivas" porque, asegurou que, cando a xente cre que merecen a súa confianza, dálla "sen ningunha dúbida".

Así, destacou que quedan sete meses para que a xente "se convenza de que estes sete candidatos merecen esa confianza". Nesta mesma liña, relatou que as eleccións de maio son "a primeira etapa" e é fundamental "que saia ben", xa que "despois virá outra". Por iso, esixiu "o máximo esforzo" nas municipais para "darlle empuxe a Feijóo e que sexa presidente do Goberno".
 

ROMAY BECCARÍA E TELLADO

Alfonso Rueda tamén aproveitou a súa intervención para agradecer a presenza no acto do presidente de honra do partido, José Manuel Romay Beccaría, "quen nunca falla", e do vicesecretario de Organización do PP, Manuel Tellado, "quen deu moita estopa e traballou moito" e agora "está a dar estopa e axudando ao obxectivo marcado".

Desde o escenario, o líder do PPdeG pediulle a Tellado que lle traslade ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, que "algunhas noticias que ven hoxe nalgún xornal, van ser moito mellores o día que haxa que votar", en referencia a unha enquisa publicada este sábado, que estima que o PP avantaxaría en 12 puntos ao PSOE en Galicia nas eleccións xerais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE