A enfermidade de Lyme: a gran simuladora

A chegada do bo tempo dispara as visitas ao campo e a facer rutas por bosques. Nestas áreas poderían atopar as garrapatas transmisoras da enfermidade de Lyme. Estes parásitos adoitan estar en zonas sombrías con herba alta e adhírense á pel mediante a súa picadura e esta, á súa vez, adoita transmitir as borrelias (bacterias) que infectan á persoa. O problema desta doenza é que os seus síntomas se poden parecer a outras enfermidades e por iso é polo que ás veces os tratamentos non sexan os axeitados 


|

Erythema migrans   erythematous rash in Lyme disease   PHIL 9875
Erythema migrans, unha das primeiras manifestacións da enfermidade de Lyme/wikipedia


 

A poboación rural, as pesonas que practican actividades ao aire libre e xente que realice actividades no campo poden ser potenciais afectados pola enfermidade de Lyme. Tal como publicaba Galicia Press recentemente, unha análise da Fundación SOS Lyme que realizou 200 estudos, alerta sobre a alta incidencia desta patoloxía no norte de España. Así, Galicia, Asturias e o País Vasco rexistran as maiores taxas de ingresos hospitalarios por Lyme. O interior das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo son as zonas cunha maior abundancia de larvas de garrapata, sendo as zonas de costa e vales fluviais as menos afectadas por esta presenza. Montañas e zonas rurais son os lugares de maior presenza de garrapatas adultas. As ninfas, ou crías, que tamén transmiten a enfermidade, abundan na costa favorecidas polo clima suave que favorece a súa actividade os 365 días ao ano.

 

 

 


 

A ENFERMIDADE

A segunda metade da década de 1970 foi o período no que se estudaron varios casos en EEUU. Así, entre 1975 e 1977 descríbese a enfermidade en todo o seu proceso e o vector que a orixinaba. O nome de Lyme débese á localidade de procedencia dalgunhas das persoas afectadas e a orixe estaba nun microorganismo denominado borrelia achado dentro da garrapata Ixodes, ou garrapata dura (en España a garrapata máis “involucrada” é a Ixodes ricinus). Existe tamén a garrapata branda, que afecta máis a aves, a Argasidae.

 

No ser humano a principal incidencia da enfermidade de Lyme prodúcese sobre os tecidos articulares, cardíaco e neurolóxico. Isto fai que en moitas ocasións os cadros sintomáticos sexan confundidos con trombosis, cardiopatías, problemas neurolóxicos e outras doenzas. En tal caso, unha vez a persoa xa está infectada os síntomas adoitan ser, en primeiro lugar, a aparición dunha mancha cutánea que en moitas ocasións non produce picor ou dor. Isto último fai que a Lyme non se detecte a tempo e acábese manifestando con dores articulares, musculares, dores de cabeza moi fortes, febre, ás veces problemas de visión e problemas cardíacos como palpitaciones.
 

Os principais reservorios das garrapatas transmisoras de Lyme son, como sinala o decano da Facultade de Veterinaria da USC, Gonzalo Fernández, pequenos mamíferos, roedores e paxaros. Os grandes mamíferos salvaxes como cérvidos, corzos, xabarís, etc, non se consideran transmisores da enfermidade aínda que actúan como “fonte de alimento” para as garrapatas adultas. O mesmo podería dicir dos grandes mamíferos domesticados segundo Gonzalo Fernández, aínda que tal como sinala o decano de Veterinaria da USC: “os animais domesticados adoitan ter máis controis fronte aos riscos dos silvestres”.


 

PREVENCIÓN E TRATAMENTO

Unha das formas de evitar o contacto coas ninfas de garrapata é non camiñar por áreas sombrías, evitar zonas de herba alta e con follas de árbores de ramas moi baixas. E é que as zonas sollías ou cunha vexetación moi baixa son pouco favorables á aparición de garrapatas. 
 

En caso de atravesar unha zona como as descritas, o doutor do CHUAC, Enrique Míguez, recomenda leva roupa clara, manga longa en brazos e pantalóns longos. Unha vez atravesada a zona é conveniente facer unha revisión do corpo para buscar garrapatas que se adheriron ao corpo. Segundo o doutor Míguez é recomendable que unha persoa examine a outra en áreas como a espalada ou zonas das pernas onde non poida alcanzar un mesmo. 
 

A retirada do ácaro débese realizar con coidado e con pinzas (hai pinzas especialmente deseñadas para esta tarefa). A extracción debe realizar antes das 24 horas para previr a posible transmisión da enfermidade de Lyme. A roupa debe ser lavada inmediatamente para eliminar os elementos adheridos e evitar que pase a outras pezas. 
 

A detección da enfermidade debe ser o máis precoz posible, só así se poden detectar os síntomas que permitan descartar outro tipo de enfermidades. Unha vez feito isto, deséñase un tratamento mediante antibióticos e que será aplicado a longo prazo que adoita curar a enfermidade (sempre que se detecte a tempo). Con todo, hai casos nos que poden quedar secuelas. 
 

A enfermidade de Lyme pódese evitar si tomamos medidas preventivas como as descritas, roupa longa, clara, revisión do corpo e lavado de roupa. Por outra banda, a detección precoz e o recoñecer os síntomas son elementos crave para o tratamento posterior. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE