Os galegos esperan dous meses de media para poder operar e a Xunta culpa aos médicos e as súas folgas

O tempo de espera media sobe en 10 días respecto ao ano pasado e o conselleiro culpa á folga de facultativos de decembro do empeoramento en tempos de espera e destaca o aumento de actividade.

 


|

Presentación de las listas de espera a final de 2025
Foto: EP


O Sergas pecha 2025 con máis operacións que nunca, pero tamén cos tempos de espera máis altos da última década. A Xunta atribúe o repunte á folga de médicos de decembro, mentres os sindicatos insisten na falta de persoal e recursos.

 

MÁIS INTERVENCIOES E MÁIS DEMORA

Os datos asistenciais do Servizo Galego de Saúde (#Sergas) presentados este xoves confirman unha tendencia dual: Galicia rexistra máis actividade cirúrxica que nunca, pero tamén maiores demoras na atención hospitalaria. En total, durante 2025 realizáronse 207.409 operacións, un 1,3% máis que o ano anterior, o que marca un novo máximo histórico nos quirófanos públicos.

 

 

Con todo, a espera media para unha intervención ascendeu a 72,8 días, 5,7 máis que en 2024. A cifra total de pacientes pendentes de cirurxía pechou o ano en 49.554, cun aumento de 1.219 casos. O informe detalla que as persoas con prioridade 1 agardan agora 20,2 días de media, mentres que as de prioridade 3 superan os 75 días. A porcentaxe de pacientes que levan máis de seis meses esperando crece até o 5,7%, fronte ao 3,9% anterior.

 

Desde a Xunta, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, atribuíu o empeoramento dos datos ao impacto da folga de facultativos polo Estatuto Marco que paralizou decenas de quirófanos en decembro. Segundo recoñeceu, suspendéronse máis de 1.000 operacións e “tamén se deixaron de programar outras moitas”.

 

 

FOLGAS E SEN ACORDO

A evolución estivo moi condicionada polas xornadas de folga do último tramo do ano”, dixo Caamaño na presentación do balance en Santiago. O titular de Sanidade pediu “responsabilidade” ao Ministerio e reclamou á ministra que “escoite aos médicos para chegar a acordos canto antes”.

 

 

A Consellería defende que, si analízanse os datos até finais de novembro, a tendencia era positiva. No entanto, sindicatos como CESM e CIG-Saúde manteñen que a raíz do problema é estrutural, derivada da ausencia de contratos estables e da carga de traballo en hospitais e centros de saúde. Nos últimos meses, advertiron de novas mobilizacións se non se atenden as súas peticións. Doutra banda, as xubilacións dos facultativos poderían provocar aínda máis demoras no SERGAS.

 

 

UNHA POBOACIÓN ENVELLECIDA

Durante 2025, os hospitais galegos realizaron case cinco millóns de consultas externas —77.000 máis que o ano anterior—, a maioría presenciais. O tempo medio de espera para ver a un especialista subiu a 62,6 días, un incremento moderado de 1,8 días, pero con máis de 205.000 persoas en lista. Delas, o 41% levaba máis de dous meses agardando.

 

Os datos máis preocupantes, segundo fontes do Sergas, son os de probas diagnósticas. Galicia pechou o ano cunha espera media de 97,8 días, 10,5 máis que en 2024, o peor rexistro desde que hai datos. En total, realizáronse 3,7 millóns de probas, un aumento do 2,8%, liderado por TAC, radioloxía e endoscopias. No entanto, 123.947 pacientes seguían pendentes ao peche do exercicio.

 

As vías rápidas oncolóxicas, deseñadas para acelerar o diagnóstico do cancro, tamén marcaron cifras históricas: 27.254 consultas, un 7% máis. A espera media baixou lixeiramente até os 5,6 días, aínda que aumentou o número de pacientes en cola, especialmente na vía para tumores oncohematológicos. O Sergas destaca que se atenderon preto de 62.000 pacientes na Lei de garantías de tempos máximos, por primeira vez por encima dos 60.000 casos nun só ano.

 

A pesar destes avances, asociacións de pacientes expresaron a súa inquietude pola desigualdade entre áreas sanitarias. Segundo datos recentes do Faro de Vigo, Vigo e A Coruña concentran os tempos de espera máis prolongados tanto en cirurxía como en diagnósticos, mentres que Lugo e Ourense presentan mellores cocientes.

 

 

A Consellería insiste en que “a recuperación da normalidade asistencial” será unha prioridade en 2026, pero o conflito coa facultativos ameaza con volver a tensionar un sistema sanitario que, a pesar do seu esforzo operativo, segue ao límite en recursos humanos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE