A neve non dá tregua en Galicia: clases suspendidas en Pedrafita, accidentes na Gudiña, tráfico restrinxido...

O temporal de neve segue golpeando en distintos puntos do país, especialmente na alta montaña de Lugo e Ourense. 


|

HAOn9WiWQAAs95d
Foto: @g24noticias

 

Este martes os escolares de Pedrafita do Cebreiro seguirán as leccións desde casa. A cantidade de neve caída nas últimas horas obrigou ás autoridades a suspender as clases hoxe no municipio lucense, un dos máis castigados pola cadea de borrascas na que parece sumida Galicia desde hai semanas. É na alta montaña de Lugo e Ourense onde se están levando a peor parte, onde os quitaneves están a prestar servizo constantemente, pero onde as vías están practicamente impracticables en moitos puntos, o que motivou á DXT para pór en marcha unha serie de restricións, especialmente para os vehículos pesados.

 

 

NEVE E TRÁFICO

A acumulación de neve nalgúns puntos alcanza os 8 centímetros de espesor. Ademais de Pedrafita, localidades como Samos, Folgoso do Courel ou Cervantes tamén se viron condicionadas pola neve. Neste escenario, a Dirección Xeral de Tráfico restrinxiu a circulación de vehículos pesados na LU-633, entre Pedrafita e Queixadoiro, e na OU-536, entre Coruxas e Vilariño Pequeno. 

 

 

Por agora, as limitacións son de velocidade ou de adiantamento, como no caso dos vehículos pesados que circulen en ambos os sentidos da N-6 de Lugo, entre Pedrafita e A Pía, e da A-6, entre Pedrafita e Doncos, sen cortar estradas principais polo momento. Tampouco poderán adiantar os vehículos pesados na A-52 en Ourense, entre San Lourenzo e A Canda, pero outros municipios ourensáns, como Laza, tamén viron condicionada a súa actividade pola neve. 

 

 

Os riscos na circulación quedaron patentes na Gudiña, onde un accidente, causado pola neve, deixou un camión bloqueando a totalidade da A-52. O trailer quedou completamente cruzado, invadindo as dúas vías en dirección a Vigo, aínda que por fortuna só hai que lamentar danos materiais. O suceso provocou que se desvíe a cirulación no quilómetro 125 cara á N-525, mentres continúan os labores para desbloquear a vía.

 

Un camión queda cortado invadiendo los dos carriles de circulación de la A-52 a su paso por A Gudiña (Ourense), a causa de la nieve
Un camión queda cortado invadindo os dous carrís de circulación da A-52 ao seu paso pola Gudiña (Ourense), por mor da neve

 

CHOIVA E RÍOS

Con todo, as precipitacións tamén están a provocar cortes de tráfico noutros puntos de Galicia, concretamente na outra punta da comunidade, na vía que conecta Marín e Pontevedra, onde a crecida da ría, pola pleamar e pola cantidade de choiva das últimas horas, alagou parte da estrada PO-11, como xa sucedeu onte. A estrada foi cortada unhas horas, pero xa reabriu ao tráfico. 

 

 

En paralelo, está activo nestes momentos o Inugal, ante o risco de inundacións polo caudal dos ríos. Hai 15 baixo vixilancia, entre os que se atopan o Tambre, o Sar, o Lérez ou o Miño, entre outros. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE