Celadores de Pontevedra impulsan unha Proposición Non de lei para recoñecer aos profesionais como sanitarios

O colectivo lembra que as súas funcións están reguladas nunha Orde "preconstitucional, casposa e franquista" que data de 1971.


|

Ac1f5e79 8c24 4f8e b6e6 3899597251e3
Colectivo de Celadores da área Sanitaria Pontevedra/Salnés

 

A pesar das moitas funcións que os celadores realizan nos hospitais e centros de saúde, onde tenden a ser o primeiro contacto e o máis próximo para moitos pacientes, trátase dunha categoría que non é recoñecida como persoal sanitario. Isto podería cambiar pronto, pois o Colectivo de Celadores da área Sanitaria Pontevedra e O Salnés reiniciou os contactos cos representantes poíticos galegos a fin de impulsar a Proposición non de Lei onde se recolla o recoñecemento como sanitarios dos celadores.

 

 

UNHA NORMA "CASPOSA E FRANQUISTA"

A reuión tivo lugar este venres e nela, ademais dos representantes da plataforma, estivo presente Noelia Pérez López, presidenta da 5 Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia. Nela, o colectivo trasladou na vella reivindicación dos celadores que se fixo máis evidente durante a crise sanitaria provocada pola Covid-19, onde os celadores estiveron na primeira liña de lume durante a pandemia. 

 

Desde a plataforma consideran que esta consideración debería aplicárselles "ao tratar duns traballadores cualificados e que asumen riscos do mesmo xeito que o resto de categorías sanitarias, ao estar en contacto directo con todo tipo de pacientes, así como en servizos tan específicos, como UCI, quirófanos, ou urxencias, entre outros".

 

 

A reivindicación xa foi recoñecida por outro parlamento autonómicos como os de Baleares, Asturias, Cantabia e Castela e Leóm. A continuación, demandan a creación dun ciclo medio en Formación Profesional onde se recolla esta categoría profesional, algo que "correspondería ao Instituto Nacional de Cualificaciones (INCUAL) e aos ministerios de Sanidade e Educación". 

 

 

"Por tanto, trátase de ter vontade política para que o Parlamento de Galicia tome unha postura, e que inste á Xunta de Galicia e esta a o Goberno Central, para que este último aplique a nova categoría como sanitarios para estes traballadores públicos, e adaptalos desta maneira aos cambios experimentados na sanidade nos últimos anos", resumo, lembrando que as fucniones dos celadores están contempladas nunha Orde Ministerial que data de 1971, polo que non dubidan en cualificala de "preconstitucional, casposa e franquista".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE