Correos pecha un centro en Mos trasladando a 36 traballadores para "optimizar"
O sindicato CCOO alerta sobre o impacto laboral do peche do centro nodal de Correos en Mos, unha medida que se suma a unha decena de casos similares en todo o país e que, segundo a central , foi imposta sen diálogo real, afectando a 36 de empregados e empregadas da provincia de Pontevedra. En declaracións a Galiciapress , a empresa pública indica que se debe a un cambio para se máis eficaz.
En concreto, portavoces de Correos argumentaron que “a desagrupación de centros é unha medida de reorganización dentro do proceso de redimensionamiento da rede do Grupo Correos, que afecta a 36 centros de paquetería e que ten como obxectivo optimizar a operativa conxunta entre Correos e Correos Express”.
Pola súa banda, CC.OO. sinala que a empresa mantivo unha postura inflexible, aproveitando a reestruturación para reducir custos e introducir cambios regresivos nas condicións laborais. Comisións indica que a firmeza da acción sindical ha permitido, con todo, frear algunhas das propostas máis prexudiciais e garantir certos dereitos a parte do persoal afectado.
No entanto, outras medidas, como o peche do nodo de Mos, foron adoptadas de forma unilateral por Correos, o que xerou graves consecuencias para os traballadores e traballadoras, recoñece a central.
Nos últimos meses confirmouse o peche doutros centros nodais de Correos en diferentes provincias españolas. En total, a empresa anunciou a desaparición de ducias centros nodais mixtos de Correos e Correos Express ao longo de 2025, o que afecta a preto de 800 traballadores, quen serán recolocados.
Comisións alerta que se impuxeron mobilidades xeográficas sen garantías legais nin compensacións proporcionais, o que obrigou a algúns empregados a desprazar decenas de quilómetros do seu centro de orixe. Tamén se denuncia a perda de pluses retributivos, a imposición de xornadas parciais e a esixencia de novos requisitos, como o carné de conducir, que non estaban contemplados nas prazas iniciais.
O peche e a reorganización destes centros foron motivo de protestas e negociacións en varias comunidades autónomas, como Badaxoz, Palencia e Cantabria, onde os sindicatos denunciaron que a empresa está a utilizar a reestruturación para impor cambios na organización do traballo e precarizar as condicións laborais-
Escribe o teu comentario