Colaboración entre Érguete-Integración e Sergas para a incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

 Desenvolverán actuacións mediante as cales a poboación reclusa destinataria poderá adquirir ou completar a súa formación e competencias profesionais


|

FUNDACIu00d3N u00c9RGUETE INTEGRACIu00d3N
Fundación Érguete Integración/FEI

 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o presidente da Fundación Érguete-Integración, Rubén Cagiao Avendaño, asinaron a renovación do convenio de colaboración entre o Sergas e a fundación para desenvolver programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, o obxecto do convenio é desenvolver, por parte da Fundación, as actividades de seguimento e atención das persoas en tratamento unha vez excarceradas, no ámbito da incorporación social de persoas con trastornos adictivos.

No marco deste convenio, ao que a Xunta destina 126.143 euros para o seu financiamiento, a fundación atendeu o pasado ano a 515 usuarios: 373 homes e 142 mulleres.

Así, desenvolverán actuacións mediante as cales a poboación reclusa destinataria poderá adquirir ou completar a súa formación e competencias profesionais, coñecer a situación do mercado laboral e as técnicas máis axeitadas para acceder ao mesmo, así como recibir apoio específico para o seu proceso de inserción laboral.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE