(VÍDEOS) "Escucha, rentista, estás na nosa lista!": centos de estudantes claman en Santiago por unha vivenda digna

Os estudantes reclaman á Xunta e ao Goberno central medidas para acabar coa crise da vivenda.


|

WhatsApp Image 2025 04 09 at 13.13.59
Foto: Galiciapress

 

Os sindicatos estudantiis/estudantís Erguer e Fervenza, así como os alumnos de Traballo Social, déronse a man na convocatoria dunha gran folga este mércores na capital galega, chamando aos colexiais desde 3º de ESO en diante a mobilizar en defensa dunha vivenda digna para os estudantes. 

 

"INACCIÓN POLÍTICA" E "ESPECULACIÓN"

A protesta celebrouse baixo un sol de xustiza nas rúas da capital galega, onde se deron cita centos de alumnos asfixiados polos prezos do aluguer, a alta demanda e a escasa oferta, xa non só en cidades universitarias como Santiago, senón no resto de urbes e mesmo naqueles municipios con institutos que ofrecen graos de Formación Profesional. 

 

WhatsApp Image 2025 04 09 at 13.14.00
Foto: Galiciapress

 

No medio desta crise da vivenda, os manifestantes clamaron consignas como "aquí está, aquí vese, o estudiantado galego en pé" ou "Escucha, rentista, estás na nosa lista" no seu percorrido até a Praza de Praterías, onde ocuparon as escaleiras e parte da praza para a lectura do manifesto. 

 

Os sindicatos convocantes puxeron o acento tanto no sistema especulativo dunhas "elites que buscan encher os seus petos á vez que se empobrece a clase traballadora", mentres que a "turistificación" e a "inacción política" non fan máis que agravar a crise da vivenda en todo o Estado. Nese sentido, reclaman tanto á Xunta, que ten as competencias nesta materia, como ao Goberno de España, que adopten algo máis que "medidas paliativas" para solucionar o conflito. 

 

 

 

A protesta entronca de maneira directa coa celebrada o pasado sábado en cidades como Santiago, Vigo ou A Coruña, onde a afluencia foi masiva e onde as plataformas convocantes facían reclamacións idénticas que ás dos estudantes, pedindo a intervención do mercado da vivenda e aumentar a oferta de vivenda pública. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE