Alerta laranxa no litoral da Coruña e o da Mariña lucense este luns

O oeste e noroeste da Coruña e A Mariña lucense manterán este luns a alerta laranxa por temporal costeiro, segundo a Axencia Estatal de Meteorología (AEMET)


|

Temporal
Temporal

 

O oeste e noroeste da Coruña e A Mariña lucense manterán este luns a alerta laranxa por temporal costeiro, segundo a Axencia Estatal de Meteorología (AEMET).

Desta forma, espérase mar combinado do noroeste de entre cinco a seis metros e o aviso estenderase até o mediodía desa xornada. Mentres tanto, o litoral da provincia de Pontevedra estará en alerta amarela.

Segundo Meteogalicia, o luns as altas presións aproximaranse á Comunidade e deixarán unha mañá con ceos moi nubrado no norte, onde pode caer algunha choiva de carácter débil.

Pola tarde, haberá un tempo seco, con apertura de claros e con poucas nubes no sur e as temperaturas sufrirán un pequeno descenso.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE