Agresións e insultos ao Rei en Paiporta

A visita dos reis e os presidentes Mazón e Sánchez topouse en Paiporta coas protestas dos veciños e veciñas con peticións de dimisión e insultos. Nas imaxes que se emitiron pola televisión valenciana Á Punt viuse a Felipe VI falar con persoas mentres estaba rodeado polas forzas de seguridade. Viuse á Raíña Letizia e ao presidente valenciano Mazón. Non se puido ver ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que foi evacuado inmediatamente ante os insultos e agresións ao coche do presidente do Goberno.


|

 

Chegada dos reis e presidente Mazón e presidente Sánchez. O monarca estivo cuberto por paraugas e bolsas dos corpos de seguridade. A prensa tamén foi criticada e agredida. O Rei pide seguir achegar a varias persoas. 

 

 

 

 

 

A cidadanía gritou: "asasinos", "perdémolo todo". Felipe VI achegouse mesmo a persoas que lle increpaban e quixo falar con eles. A Raíña Letizia tamén estivo escoitando a cidadáns. 

 

A pesar de ser increpados e sendo obxecto de lanzamento de barro, tanto Felipe VI e Letizia estiveron escoitando a varias persoas de Paiporta desprazar lentamente pero falando case un a un ás persoas que lles gritaban.

 

 

 

A raíña Letizia, con visible estupor, escoitou a persoas que se lle achegaban para facerlle saber as circunstancias persoais nas que están nestes momentos.

 

 

 

#RTVE tivo que servir das imaxes da TV valenciana Á Punt para enviar directo mentres o reporteiro Joan Moreno, de RTVE, transmitía vía telefónica a descrición dos acontecementos.

 

PEDRO SÁNCHEZ EVACUADO

 

O presidente do Goberno foi evacuado nada máis chegar a Paiporta ante as protestas das persoas que se habían cogregado á entrada do pobo. Entre berros de "baixa!", "sae do coche!" e insultos, Pedro Sánchez tivo que abandonar a localidade de forma inmediata e repentina. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE