O Sindicato Labrego Galego manifesta a súa oposición á mina de Touro: "Non contribuiremos ao branqueo"

O sindicato pon o acento sobre os efectos que a actividade mineira terá sobre o turismo a través do Camiño de Santiago e, sobre todo, sobre a industria agrogandeira. 


|

NON MINA TOURO. ARQUIVO SLG
Foto: SLG

 

Na presentación deste 18 de xullo de Cobre San Rafael haberá moitas ausencias. Grupos ecoloxistas e moitos veciños de Touro e O Pino non formarán parte desta posta de longo, pero tampouco os membros do Sindicato Labrego Galego, chamados a dar respaldo a un proxecto que choca frontalmente cos intereses da organización, que fixo pública a súa decisión de "declinar participar na presentación". 

 

O PÉ, "UNHA ALFOMBRA" 

Para o SLG este "novo proxecto" é practicamente un copia e pega do anterior, xa que "segue tendo o mesmo emprazamento entre o Camiño de Santiago e a conca do río Ulla, acaparando terreos agrarios en produción que xeran emprego e produción de alimentos". 

 

De igual maneira, censuran que a proposta da macromina sexa declarada Proxecto Industrial Estratéxico (PÉ), o que interpretan como "unha alfombra para poder obter fondos públicos de maneira prioritaria, para limitar o acceso á documentación e os tempos de información pública, para limitar os dereitos da poboación aos dereitos sobre as súas terras e tamén un beneficio para modificar a Xunta directamente os usos dos terreos e facilitar as expropiacións".

 

O sindicato, convidado á cita, non participará na mesma para defender "os intereses da poboación vinculada ás actividades agrogandeiras e industrias agroalimentarias", como xa fixo no inicio do primeiro intento "hai sete anos". 

 

EFECTOS SOBRE A auga, SOBRE O TURISMO, A ECONOMÍA...

"O SLG non vai contribuír no branqueo", reiteran, considerando que o proxecto, denegado en 2020, ten hoxe a mesma viabilidade que no momento no que a Xunta bloqueou a súa apertura, entre outras cousas, polos efectos da actividade mineira sobre os recursos hídricos. Iso si, fan fincapé en que este intento abarca unha superficie "máis grande", incorporando solo urbano que "segundo a PXOM do Concello de Touro non conta entre os seus usos permitidos a actividade mineira", mentres que outras parcelas corresponden a solo rústico de especial protección agropecuaria. 

 

Nesa liña, leva a pelota ao tellado da Consellería de Cultura, responsable de autorizar cos seus informes a compatibilidade da actuación coas cualificacións actuais do solo, afectando tamén directamente ao percorrido dos peregrinos no Camiño de Santiago, así como dos informes de Augas de Galicia

 

"A reapertura da mina, como xa ocorría co proxecto denegado, supón a destrución de emprego agrario, gandeiro e a posta en risco de industrias agraolimentarias e, en consecuencia, un problema para o mantemento do emprego e do arraigamento da poboación nestes concellos que terá unhas negativas repercusións no desenvolvemento socioeconómico da comarca vinculada a actividades totalmente incompatibles coa minería ademais de supor a expulsión da poboación", resolven desde o sindicato.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE