"Xunta e Goberno son os únicos que non valoran a quenda de oficio; traballamos a perdas", critica o ICA de Ourense

Desde o ICA ourensán din compartir "as reivindicacións dos avogados e avogadas da quenda de oficio" á vez que censuran a actitude da Xunta e o Goberno de España
 


|

Ica ourense
Foto: ICA Ourense

 

No medio da folga indefinida dos avogados e procuradores da quenda de oficio -que o próximo 21 de xullo, e se ninguén o remedia, cumprirá 8 meses de vixencia-, este 12 de xullo celébrase o Día da Xustiza Gratuíta e a Quenda de Oficio, data na que o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA Ourense) aproveitou para facer unha radiografía da situación do sector, especialmente despois das últimas acusacións por parte dos folguistas, e das que se fixo eco este diario, que denunciaban as manobras do Colexio para cubrir as baixas en Valdeorras e Trives, ofrecendo "unha paga extraordinaria" aos avogados que se trasladasen alí de forma voluntaria para manter á boia o servizo. 

 

 

UN SERVIZO BEN CONSIDERADO

Esperanza Fernández Iglesias, vicedecanda do ICA, manifestou en primeiro lugar que "o servizo de xustiza gratuíta funciona grazas á vontade, xenerosidade e profesionalidade dos avogados e avogadas que traballan na quenda de oficio, e non por unha aposta decidida e real das administracións públicas". 

 

Estas declaracións puden ser entendidas como un dardo á Xunta de Galicia e o Goberno de España, que até hora non deron pasos decisivos para reunir cos manifestantes, que demandan a apertura dunha mesa de negociación coas plataformas que os agrupan, entre elas o Sindicato Venia, que abandera os paus. 

 

UN 22% DE ADSCRITOS MENOS EN 2024

Fernández fixo fincapé no papel crucial do colectivo á hora de salvagardar un dereito como o da xustiza gratuíta, moi ben considerada tanto por "entidades europeas" como por "a cidadanía en xeral". Con 40.000 avogados adscritos á quenda de oficio en 2023 -unha cifra que se rebaixou sensiblemente nos últimos meses tras as baixas masivas nalgúns partidos xudiciais, como os de Corcubión, A Estrada ou, mesmamente, Ourense-, o ICA detalla que no último ano "só recibíronse 5.000 queixas" e que en Ourense, en 2023, "só incoáronse seis expedientes disciplinarios", terminando a metade en sanción. Este ano, de tres que se tramitaron até a data, só un ha acabo sendo sancionado. 

 


"Son unha mostra do bo funcionamento da xustiza gratuíta e do bo facer dos avogados e avogadas da quenda de oficio", valora a vicedecana. "Os avogados e avogadas da quenda de oficio están a prestar un servizo público de calidade recoñecida internacionalmente, de prestixio e moi ben valorado polos usuarios. Con todo, son os peor pagos", lamentan desde o ICA auriense, sendo os españois os "avogados penalistas que menos cobran" segundo estudos que só pon por baixo no continente aos de Lituania e Chipre.

 

"É evidente que a Xunta de Galicia e o Estado son os únicos que non valoran este servizo, polo menos así o demostran ao non atender as reivindicacións dos avogados da quenda de oficio, quen estamos a traballar a perdas", recalca Fernández, que cifra en máis de 5.000 solicitudes de xustiza gratuíta en 2023 para os 324 avogados adscritos na quenda de oficio en Ourense o pasado ano, cun 47% de representación feminina. Tras as baixas de maio e xuño, hoxe quedan 254 togados dentro do TO, un 22% menos. 

 

Un dos datos máis preocupantes ao entender do ICA de Ourense ten que ver cos casos vinculados á violencia de xénero: "É importante destacar que en 2023 atendéronse 355 casos de violencia de xénero e, no que vai de 2024, xa se rexistraron 220. De continuar esta tendencia, a finais de ano, o número de asistencias podería duplicar respecto ao ano anterior". 

 

A entidade reivindica "o compromiso desta institución coa xustiza gratuíta como un dereito inalienable e un deber fundamental da nosa profesión". "Neste día especial, renovamos a nosa dedicación á defensa dos dereitos de todos os cidadáns e comprometémonos a seguir traballando por unha xustiza accesible, xusta e equitativa", resolven, á vez que di compartir "as reivindicacións dos avogados e avogadas da quenda de oficio".
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE